PÓSTERS
O contido dos pósters deberá ser orixinal e inédito.
O autor presentará o póster en formato electrónico enviándoo ao enderezo electrónico comunicaciones@fundacionprevevida.org (indicando no asunto “Sección Pósters”) antes do 1 de setembro 2008.
- Para a confección dos pósters poderase utilizar calquera material gráfico que poida ser exposto nun panel plano, debendo axustar as súas dimensións a 90 x 120 cm (formato vertical).
- Unha vez aceptado por parte do Comité Técnico notificaráselle ao autor mediante correo electrónico enviado desde a Secretaría Técnica, antes do 15 de setembro de 2008.
- Para a expedición dos certificados é imprescindible que o presentador sexa un dos autores do póster, que estea inscrito no Congreso e que estea presente até a fin da sesión. Expediranse tantas certificacións orixinais coma autores consten no póster presentado.
- Os orixinais non deben enviarse á Secretaría Técnica, senón que serán expostos directamente na sala de pósters.
- Os pósters aceptados deberán ser colocados polo autor no lugar e espazo reservado para o mesmo e que lle será comunicado oportunamente desde a Secretaría Técnica .
- Presentación:
A colocación do traballo será comunicada aos autores mediante correo electrónico desde a Secretaría Técnica.
Todos os pósters deberán estar pendurados no panel correspondente antes das 9,30 horas do 27 de novembro de 2008 e permanecer expostos até as 15,00 horas do 28 de novembro de 2008.
PREMIOS A LAS MEJORES COMUNICACIONES
|
|