LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN
O congreso terá lugar os días 27 e 28 de novembro de 2008, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, situado na Rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n – San Lázaro, de Santiago de Compostela.
Todas as conferencias do Congreso así coma a Exposición Comercial terán lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia situado na Rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n – San Lázaro, de Santiago de Compostela.
A exposición comercial celebrarase no recibidor principal do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
Este espazo, cos seus 1800 m2 reúne as condicións máis axeitadas para albergar os stands das diferentes empresas e institucións, onde poderán promocionar os seus produtos, ao tempo que ofrecer un punto de información para os seus clientes actuais e potenciais. Nesta zona realizarase a pausa de café polas mañás e polas tardes, e converterase, por tanto, no lugar de encontro do congreso, o cal ofrece oportunidades de visibilidade aos patrocinadores.
Máis información:
www.palaciosantiago.es
Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade e capital de Galicia, constitúe a meta final da ruta de peregrinación xacobea. Séculos de esplendor e desenvolvemento deixaron un trazado urbano onde a herdanza medieval cristiá se mestura con monumentais construcións barrocas. O Parador de Turismo de Santiago, en plena Praza do Obradoiro, acolle o hóspede e brinda a oportunidade de degustar o mellor da tradición culinaria galega, tradición que acada a súa cota máxima durante as Festas do Apóstolo Santiago, declaradas de Interese Turístico Internacional.
Santiago é hoxe a capital de Galicia, ten preto de cen mil habitantes e posúe 1,3 millóns de m2 de zonas verdes. Está no centro xeográfico de Galicia e moi ben comunicada por estrada, tren e avión. A só 35 km do mar, goza dunha situación de privilexio que a aproxima tanto ás Rías Altas coma ás Rías Baixas. Pola Autoestrada do Atlántico, Santiago está a corenta minutos da Coruña e Ferrol, a trinta de Pontevedra, a cincuenta de Vigo, e a unha hora de Ourense e Lugo. O seu clima é atlántico e sen temperaturas extremas.
Máis información:
www.turgalicia.es
|
|